Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 6 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de varias reclamacións eléctricas.

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra ditou as resolucións de reclamacións eléctricas que se relacionan no anexo.

Intentada a notificación das ditas resolucións, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles aos interesados por medio desta cédula, para que poidan ter coñecemento da resolución, segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei.

Advírteselles aos interesados de que, en cumprimento do artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, xa citada, poderán interpoñer contra a resolución ditada, que non esgota a vía administrativa, recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, desde a publicación desta cédula, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 6 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de reclamacións resoltas no procedemento IN635A

Nº expte.

Reclamante

Enderezo

Concello

Resolución

2014/264-4

María Teresa Suárez Barreiro

Rúa Negreira, nº 3, 2º dereita

Santiago de Compostela

Estimación

2014/272-4

José Bazaco Budiño

Pintor Virxilio Blanco, nº 9, 3º W

Pontevedra

Estimación

2015/68-4

Restaurante Atlántico Mediterráneo, S.L.

Camiño da Serpe, nº 12 , baixo dereita, Raxó

Poio

Desistencia