Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2015/14-2, 8208 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Polígono Empresarial As Gándaras, Lugo.

Denominación: LMTS entre CT edificio A Caosa (CD 2811) e CT M. Antonio 9 (CD 9058).

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada en canalización existente con orixe nunha cela do CT edificio A Caosa (CD 2811) e final nunha cela existente do CT M. Antonio 9 (CD 9058) cunha lonxitude de 620 metros en condutor tipo RHZ-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 30 de abril de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo