De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21819
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2015.
2. Obxecto do contrato.
Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.
Descrición: servizo de limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, Museo Massó de Bueu e Biblioteca Pública de Pontevedra).
Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
3. Orzamento base de licitación: 90.056,73 €, IVE excluído.
4. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 27 de abril de 2015.
b) Data da formalización do contrato: 30 de abril de 2015.
c) Contratista: Iberclean Limpiezas, S.L.
d) Importe de adxudicación: 86.772,00 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria