Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de seguridade e vixilancia en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Pontevedra (Museo Massó de Bueu, Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra e Biblioteca Pública de Vigo), contratación documentalmente simplificada.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20938

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 148, do 6 de agosto de 2014.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: servizo de seguridade e vixilancia en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Museo Massó de Bueu, Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra e Biblioteca Pública de Vigo).

Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 254.545,46 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 12 de febreiro de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 5 de maio de 2015.

c) Contratista: Vigilancia Integrada, S.A.

d) Importe de adxudicación: 225.547,20 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria