Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de maio de 2015 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa da orde de demolición, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente 107B 2009/22-0).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 11 de marzo de 2015, unha resolución pola que se apercibe a mercantil Sociedad Promotora de Inversiones Igonal XXI para o caso de non cumprir o ordenado na Resolución do 19 de abril de 2004, que ordenaba a demolición das obras de construción dunha edificación de 120 m2 de superficie, de planta baixa e baixo cuberta, na parcela con referencia catastral 36051A018004600000FZ, no lugar de Pontes, parroquia de Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística