Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de maio de 2015 de emprazamento para o trámite de audiencia, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente PON/62/2014-R1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Antonio Otero Romero, no expediente PON/62/2014-R1, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 21 de xaneiro de 2015, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación para usos residenciais no lugar do Paraixal, nº 24, Teis, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

O expediente mencionado está á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispoñerá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que xulgue procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística