Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19615

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (828/2013).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Adelina Pazos Espada fronte a María del Rosario Fernández Hernández e Javier Figueroa Rodríguez se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 24/2015.

Vigo, 23 de febreiro de 2015.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 828/2013 se seguen por instancia de Adelina Pazos Espada, que actuou no proceso representada pola procuradora María Victoria Barros Estévez e asistida da letrada María del Carmen Calvo Moya, contra Javier Figueroa Rodríguez, declarado en situación de rebeldía procesual, e contra María del Rosario Fernández Hernández, representada pola procuradora María Jesús Nogueira Fos e dirixida polo letrado Juan José Rodríguez Jorge, os cales teñen por obxecto unha pretensión resolutoria baseada nun incumprimento contractual.

Resolución.

Rexeito a demanda formulada por Adelina Pazos Espada contra María del Rosario Fernández Hernández e Javier Figueroa Rodríguez, sen que proceda efectuar os pronunciamentos solicitados nela, e absolvo os demandados. Todo isto sen que proceda efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

E ao estar o demandado, Javier Figueroa Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 17 de abril de 2015

O secretario xudicial