Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19616

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada

EDICTO (758/2010).

Eu, Denise Romero Barciela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, fago saber que neste órgano xudicial, co número 758/2010, se segue por instancia de Manuel Conde Bugueiro, expediente para a división de herdanza de José Conde López e que con data do 16 de abril de 2015 se ditou o auto nº 109, cuxa parte dispositiva é:

«Acordo:

1. Sobreser este procedemento instado por Manuel Conde Bugueiro.

2. Pór os bens á disposición dos herdeiros.

3. Aprobar o acordo acadado polos herdeiros».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Maximino Conde Ucha e de Diego Conde Ucha, expídese este edicto para que sirva de notificación.

Chantada, 22 de abril de 2015

A secretaria xudicial