Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015078AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Coa data 19 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015078AL-CO incoado a Manuel Domínguez Moledo.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Manuel Domínguez Moledo o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 12 de maio de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa Territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015078AL-CO.

Interesado: Manuel Domínguez Moledo (El Cantoncillo).

DNI/NIF/CIF: 32439949J.

Derradeiro enderezo coñecido: praza de Azcarraga, 1-3,15001 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DOUE nº 204, do 4 agosto de 2007). Artigo 5, puntos: 1, 2.a), b), c), d), e), f), g), 3, 4.a), b), c), 5. Anexo II. Requisitos hixiénicos xerais aplicables a todos os operadores de empresa alimentaria (agás se é de aplicación o anexo I). Capítulo I. 1. Capítulo VI. 2. Capítulo IX. 4. Capítulo XII. 1), 2).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo). Artigo 50.1.a), e), d). Artigo 51.1, puntos: 1, 10 e 11. Artigo 52.1.a).

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001). Artigo 3.5, artigo 10, puntos: 1, 2.a), b), c), d), e), f), g), 3. Artigo 12.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 €.