Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2015/25-2, 8219 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle (Ourense).

Denominación: modificado LMT derivada Reigada.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV derivada Reigada (tramo I) con orixe en conexións coa LMT subterránea existente procedente da saída MOF 802 e final no paso aéreo a subterráneo proxectado sobre apoio de formigón nº 0, cunha lonxitude de 39 metros, en condutor RHZ1-240.

2. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe nun paso aéreo a subterráneo proxectado sobre apoio de formigón nº 0 e final nun paso aéreo a subterráneo proxectado sobre apoio de formigón nº 5 cunha lonxitude de 574 metros en condutor tipo LA-56.

3. Liña de media tensión subterránea a 20 kV derivada Reigada (tramo II) con orixe no paso aéreo a subterráneo proxectado, sobre apoio de formigón nº 5 e final no centro de transformación Reigada, cunha lonxitude de 816 metros, en condutor RHZ1-95.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de maio de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo