Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (12/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 12/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Graciela Carou Magariños contra Obras y Servicios Lampay, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse sentenza número 135 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 12/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Graciela Carou Magariños, asistida e representada polo graduado social Juan Suárez Figueiras contra Obras y Servicios Lampay, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda e en consecuencia condeno a Obras y Servicios Lampay, S.L. a aboar a Graciela Carou Magariños 2.134,43 euros, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET.

Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Obras y Servicios Lampay, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2015

A secretaria xudicial