Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19422

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (22/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 22/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Conde Conde contra a empresa Elaborados Santamar, S.L., Mar de Noruega, S.L., Frimarsan, S.L., Frigoríficos Mourente, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar o executado Frimarsan, S.L. en situación de insolvencia por importe de 6.500 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Frimarsan, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de abril de 2015

A secretaria xudicial