Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 21/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 21/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Passaretti Costoya, José Manuel García Asorey, Manuel Buján Fernández contra Hermanos Seoane, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2015

Antecedentes de feito:

Primeiro. Nas presentes actuacións ditouse decreto de data 12 de marzo de 2015 en que se acordaba acumular á ETX 21/2015 a ETX 81/2015 e decreto de data 6 de abril de 2015 en que se acordaba acumular á ETX 21/2015 a ETX 37/2015, polo que a execución actualmente se segue por Ángel Passaretti Costoya, José Manuel García Asorey, Manuel Buján Fernández fronte a Hermanos Seoane, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. En cada un dos procedementos ditouse auto de despacho de execución e, despois de acordarse a continuación dos tres procedementos nunha única execución, as cantidades totais da presente execución ascenden a 143.409,48 euros de principal [corresponden a Manuel Buján Fernández 52.356,92 euros (9.978,29 euros de salarios debidos + 437,4 euros de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos + 36.935,68 euros de indemnización + 5.005,55 euros de salarios de tramitación impostos por sentenza), a José Manuel García Asorey 44.804,41 euros (7.506,88 euros en concepto de salarios debidos + 280,83 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos + 37.016,70 euros de indemnización) e a Ángel Passaretti Costoya 46.248,15 euros (9.440,78 euros de salarios debidos + 1.761,42 euros de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos + 34.716,88 euros de indemnización + 329,07 euros de salarios de tramitación)], máis outros 600 euros en concepto de honorarios do letrado de Manuel Buján Fernández, máis outros 14.340,95 euros que se fixan provisionalmente para xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a secretaria xudicial responsable desta ditará decreto no cal se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que deba facerse ao debedor nos casos que estableza a lei; ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Hermanos Seoane, S.L. co fin de que no prazo de 10 días aboe a cantidade de 143.409,48 euros de principal [corresponden a Manuel Buján Fernández 52.356,92 euros (9.978,29 euros de salarios debidos + 437,4 euros de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos +36.935,68 euros de indemnización + 5.005,55 euros de salarios de tramitación impostos por sentenza), a José Manuel García Asorey 44.804,41 euros (7.506,88 euros en concepto de salarios debidos + 280,83 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos + 37.016,70 euros de indemnización) e a Ángel Passaretti Costoya 46.248,15 euros (9.440,78 euros de salarios debidos + 1.761,42 euros de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos + 34.716,88 euros de indemnización + 329,07 euros de salarios de tramitación)], máis outros 600 euros en concepto de honorarios do letrado de Manuel Buján Fernández, máis outros 14.340,95 euros que se fixan provisionalmente para xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0021 15), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Hermanos Seoane, S.L. co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Tendo en conta que a empresa executada se encontra en paradoiro descoñecido, a notificación da presente resolución e os requirimentos nela contidos practicaranse mediante publicación do correspondente edicto no DOG, e será suficiente para a notificación das sucesivas resolucións que se diten no presente procedemento a inserción do correspondente edicto no taboleiro de anuncios do xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A., e deberase indicar no campo concepto a indicación recurso, seguida do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que lle sirva de notificación e requirimento en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2015

A secretaria xudicial