Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (257/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 257/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estivaliz Viñas Liñares contra Fogasa, Manuel José Toba Meis, sobre despedimento, se ditou resolución que acadou carácter de firmeza, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Manuel José Toba Meis (DNI 35320270-K) en situación de insolvencia parcial por importe de 24.813,36 euros de principal (3.026,01 euros en concepto de indemnización + 21.787,35 euros en concepto de salarios de tramitación) máis outros 2.482,19 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas da execución, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, procédase á súa publicación no DOG para os efectos de dar a correspondente publicidade á insolvencia declarada.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto, «recurso» seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

Para os efectos de dar a preceptiva publicidade á insolvencia do executado Manuel José Toba Meis, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

A secretaria xudicial