Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18554

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3858/2014 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3858/2014 MCR

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 89/2014 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Fogasa

Recorridos: Alejandro Fernández Rodríguez, Gabriel Francisco Álvarez, José Carlos Covelo Torres, José González Rodríguez, Juan Manuel Ramírez Alonso, Leonardo Fernández Fernandes, Manuel Jesús Lavilla Cao, Miguel Ángel López Carrera, Patricia Iglesias Carrera, Cubiertas y Servicios Montero, S.L.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3858/2014 MCR desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Alejandro Fernández Rodríguez, Gabriel Francisco Álvarez, José Carlos Covelo Torres, José González Rodríguez, Juan Manuel Ramírez Alonso, Leonardo Fernández Fernandes, Manuel Jesús Lavilla Cao, Miguel Ángel López Carrera, Patricia Iglesias Carrera, Cubiertas y Servicios Montero, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou auto de aclaración cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Procede a aclaración solicitada e así a decisión da sentenza ditada por esta sala en recurso de suplicación número 1135/2013 quedará do teor literal seguinte:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Fogasa contra a sentenza de data 20 de marzo de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, en autos 89/2014, revogamos en parte a sentenza contra a que se recorre, e con estimación en parte da demanda reitora confirmamos a declaración de improcedencia do despedimento dos demandantes que contén a resolución de instancia, e nos termos acordados nela e declaramos a extinción da relación laboral, por exercicio da opción a favor da indemnización, en data 19 de marzo de 2014.

Notifíqueselles ás partes advertíndolles que contra esta resolución non cabe ningún recurso, salvo o que proceda contra a resolución aclarada.

Así, por este o noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cubiertas y Servicios Montero, S.L., expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de marzo de 2015

A secretaria xudicial