Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18556

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (727/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 727/2012 por instancia de José Manuel Díaz Lagares contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 17.4.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase integramente a demanda formulada por José Manuel Díaz Lagares fronte á empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. a aboar á demandante a cantidade de douscentos euros con trinta e un céntimos de euro (200,31 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de abril de 2015

A secretaria xudicial