Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 22 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso interposto contra a resolución sancionadora en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RA/M/2015/00096 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a solicitud de acreditación da representación do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que lle falta un requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tal e como é que para interpoñer recursos deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requírese para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade, remitíndoo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Secretaría Xeral Técnica, Servizo Técnico-Xurídico, San Caetano, bq. 5, 15781 Santiago de Compostela.

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de 10 días contados a partir da recepción da presente comunicación, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lémbraselle que, de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta Administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, inadmitindo o recurso interposto.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

RA/M/2015/00096

LU-02326-O-2013

6866-BVF

Garda Civil 2704 X50746J

Transportes Oza, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que estea a utilizar.

24.10.2013; 7.12; A-6; 522,00

RA/M/2015/00114

PO-00462-O-2012

PO-7352-BN

Garda Civil 3601 Y76740V

Olívica T.C.A., S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obrigación de levar no vehículo.

23.1.2012; 8.30; PO-11; 3,8

RA/M/2015/00118

DX-00054-S-2012

Transport Castell-Frigo Grup, S.L.

Presentación de documentos de carácter público ou privado con obxecto de xustificar fraudulentamente a carencia de follas de rexistro.

RA/M/2015/00123

XC-02068-O-2013

NA4774AF

Garda Civil 1501 L67151K

Arias Logística y Transporte, S.L.

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

1.4.2013; 8.45; DP-1703; 1,60

RA/M/2015/00145

PO-02113-O-2012

8001-FHN

Garda Civil 3601 Y76740V

Transportes C. Novoa e Hijos, S.L.

Non levar inserida a correspondente folla de rexistro ou tarxeta de condutor no aparello de control dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible.

13.6.2012; 8.48; N-640; 231,300

RA/M/2015/00152

PO-01539-O-2011

ZA-7593-K / TO-2626-R

Garda Civil 3601 Y76740V

Transport Castell-Frigo Grup, S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

22.9.2011; 8.15; PO-542; 6,9

RA/M/2015/00154

LU-00027-O-2012

5646-FPH

Garda Civil 2704 I64330I

Cooptransportes, Soc. Coop. Valenciana

Falsificación de follas de rexistro, tarxetas de condutor ou outros elementos ou medios que exista obriga de levar no vehículo, o falseamento do seu contido ou dos documentos de impresión obrigatorios.

19.12.2011; 16.20; AG-64; 55,900

RA/M/2015/00220

PO-01390-O-2012

2121-GSP

Transportes Duco, S.L.

Transporte de mercadorías perigosas en sobreembalaxes sen as marcas e/ou etiquetas prescritas no ADR, cando sexa exixible.

13.4.2012; 7.35