Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2014/051 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 15 de abril de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2014/051.

Interesado: Gheorghe Antoche.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/058.

Interesado: Constantín Adrian Cirlan.

Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/172.

Interesado: Marius Alin Mihail.

Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/197.

Interesados: Iacou Ghinea e George Beldiman.

Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.