Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18494

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melón

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de dotacións para o establecemento e a ordenación das infraestruturas básicas relativas ao Cruceiro Gordo.

Por Acordo do Pleno do 16 de abril de 2015, en sesión extraordinaria aprobouse definitivamente o Plan especial de dotacións no concello de Melón para o establecemento e a ordenación das infraestruturas básicas relativas ao Cruceiro Gordo de Melón. O que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións no concello de Melón, promovido polo Concello de Melón e aprobado provisionalmente o 12.3.2015.

Segundo. Este plan terá vixencia indefinida, sen prexuízo das modificacións e revisións necesarias.

Terceiro. O acordo de aprobación definitiva será publicado, no prazo dun mes desde a súa adopción conxuntamente coas ordenanzas, no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Farase constar neste anuncio a remisión do expediente completo á consellería competente.

Cuarto. Remisión á consellería do expediente completo en copia autenticada de dous exemplares do plan aprobado definitivamente cos planos e documentos que integran o plan, dilixenciados todos pola Secretaría do concello.

Quinto. A eficacia do acto desta aprobación e a entrada en vigor deste plan quedarán condicionadas ao cumprimento do disposto na LOUGA e disposicións de réxime local.

Este plan entrará en vigor cando se publicase completamente o seu texto e transcorrese o prazo previsto da propia lei.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Melón, 30 de abril de 2015

Mª Cristina Francisco Vilchez
Alcaldesa