Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18493

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 6 de abril de 2015, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, que afecte os sectores de solo urbanizable delimitado S-15.R e S-16.R, redactado pola arquitecta de Evislusa, Susana Penedo Souto, en execución da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nº 131/2013, do 21.2.2013, recaída no recurso contencioso-administrativo nº 4320/2011, interposto por Bipahura, S.L., contra a Orde do 29.4.2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), sobre aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Lugo.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de dous meses, durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e poderán presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 10 de abril de 2015

P.D. (Decreto da Alcaldía nº 13008312) José Antonio Carro Asorey
Luis Manuel Álvarez Martínez Secretario xeral do Pleno
Tenente de alcalde delegado da Área
de Urbanismo de Medio Ambiente