Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18392

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (230/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 230/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Garrido Fernández contra José Antonio Delgado Riveiro, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

a) Declarar o executado José Antonio Delgado Riveiro en situación de insolvencia parcial, por importe de 394,87 euros de principal e 60 euros en concepto de xuros, que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de continuar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Publíquese a presente resolución no DOG.

d) Requírase a executada co fin de que no prazo de cinco días facilite o número de conta en que ingresarlle a cantidade consignada nos autos.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Antonio Delgado Riveiro, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial