Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (919/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Manuel Mariño López contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Marcelino Fernández Rodríguez, rexistrado co número D.O.I. 919/2014, se acordou notificar D.O. ditada neste procedemento a SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015.

O anterior escrito de desistencia presentado pola demandante únase e confírase traslado deste por 10 días á demandada, facéndolle saber que se non alegan nada no prazo conferido se entenderá que están conformes con el.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 9 de marzo de 2015.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a SS Fernández Concesionario, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial