Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (753/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 753/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María José Vázquez Pérez contra Gecreri, S.L., Azetanet Consultoría y Formación, Fogasa, Azetanet, Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 226/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 753/2014

Demandante: María José Vázquez Pérez

Letrada: Sra. Vázquez Sánchez

Demandado:

– Gecreri, S.L.

Letrado:

– Azetanet Consultoría y Formación, S.L.

Letrado:

– Fundación para el Desarrollo de la Empermeabilidad

Letrado:

Fogasa

Sra. Prosper Montalvo

Sentenza 226/2015

A Coruña, 15 de abril de 2015

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María José Vázquez Pérez fronte á empresa Gecreri, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión.

2º. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 6.743,88 euros.

3º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por María José Vázquez Pérez fronte á Fundación para el Desarrollo de la Empermeabilidad e fronte a Azetanet, S.L. e, en consecuencia, absólvoos de todos os pedimentos formulados fronte a elas.

4º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lles conste e sirva de notificación a Gecreri, S.L., Azetanet, S.L., Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de abril de 2015

A secretaria xudicial