Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (615/2012).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 615/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Buceta López, José Manuel Vidal Vilas contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou auto de aclaración de data 15 de abril de 2015 cuxa parte dispositiva é a que segue:

Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de Antonio Buceta López e José Manuel Vidal Vilas, rectificar o erro material que se produciu na sentenza ditado neste procedemento con data 16.1.2013 no sentido que se indica a continuación:

No antecedente de feito primeiro, onde di:

«(...) terminou suplicando que se dite sentenza por medio da cal se condene a demandada a aboarlles aos demandantes a cantidade de 1.322,88 euros a Antonio Buceta López e de 1.552,26 euros a José Manuel Vidal Vilas, (...)»,

debe dicir:

«(...) terminou suplicando que se dite sentenza por medio da cal se condene a demandada a aboarlles aos demandantes a cantidade de 1.552,26 euros a Antonio Buceta López e de 1.322,88 € euros a José Manuel Vidal Vilas, (….)».

No feito probado terceiro, onde di:

«(...) convenio a contía de 1.322,88 euros a Antonio Buceta López e de 1.552,26 euros a José Manuel Vidal Vilas correspondente (…)»,

debe dicir:

«(...) convenio a contía de 1.552,26 euros a Antonio Buceta López e 1.322,88 euros a José Manuel Vidal Vilas correspondente (…)».

Na decisión, onde di:

«(...) condeno a mercantil demandada a que lles aboe aos demandantes as cantidades de 1.322,88 euros a Antonio Buceta López e de 1.552,26 euros a José Manuel Vidal Vilas, máis o 10 % de xuro por mora. (…)»,

debe dicir:

«(...) condeno a mercantil demandada a que lles aboe aos demandantes as cantidades de 1.552,26 euros a Antonio Buceta López e de 1.322,88 euros a José Manuel Vidal Vilas, máis o 10 % de xuro por mora. (…)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de abril de 2015

A secretaria xudicial