Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17754

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (212/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 212/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social, contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e Servanza, S.L., sobre seguridade social (reintegro de prestacións), ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que, estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a entidade Servanza, S.L., debo condenar e condeno a empresa Servanza, S.L., a que reintegre á Mutua a cantidade de 26.585,94 euros en concepto de asistencia sanitaria e prestacións de incapacidade temporal, derivada do proceso de incapacidade temporal e asistencias, aboados por esta aos traballadores desta entidade, consecuencia dos accidentes de traballo sufridos, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa, e que se cuantifica a razón de 21.772,60 euros, por concepto de asistencia sanitaria e pagamento directo de incapacidade temporal.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de abril de 2015

A secretaria xudicial