Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17753

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1207/2013).

O secretario xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña fai saber que no procedemento ordinario 1207/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa Beatriz Morales Luzardo contra a empresa José Manuel García Caamaño, con CIF 32802520N, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que, estimando a demanda interposta por Rosa Beatriz Morales Luzardo contra a mercantil empresa José Manuel García Caamaño (Restaurante O Candil 2), debo condenar e condeno a empresa a que lle aboe ao traballador a cantidade de 385 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa José Manuel García Caamaño-Restaurante O Candil 2, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de abril de 2015

O secretario xudicial