Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17756

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (70/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 70/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Amelia Tilve Maquieira contra a empresa Alimentación Julio Nieves, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«O anterior xustificante de recepción con resultado “Ausente/repartición” e o anterior escrito remitido por fax por Amelia Tilve Maquieira en data 10 de abril de 2015 e presentado no Rexistro Xeral Servizo de Notificacións no día da data únanse aos autos da súa razón.

Visto o manifestado pola parte executante e a non citación da entidade executada, acórdase a suspensión da sinalización para o día de hoxe, e sinálase novamente para que teña lugar a comparecencia acordada o próximo día 12 de maio de 2015, ás 9.55 horas.

Despois de resultar negativa a citación da entidade executada, procédase á indagación domiciliaria a través do punto neutro xudicial, do que resulta o mesmo domicilio que consta en autos.

Cítense para o efecto as partes, expídanse para tal fin os despachos oportunos e cítese a entidade executada a través do DOG.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación e citación en legal forma a Alimentación Julio Nieves, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de abril de 2015

A secretaria xudicial