Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 16 de abril de 2015, da Área de Recadación, polo que se relacionan acordos de aprazamentos/fraccionamentos de pagamento pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Transalinas del Andarax, S.L. e Villanueva Haro, Leonardo Jaime).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse acordos de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no artigo 25 do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2015

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Nº débeda

Importes

Transalinas del Andarax, S.L.

B04392940

Cortijo Torrealta

04560 Gádor-Almería

500130029013

4.601,00 €

Villanueva Haro, Leonardo Jaime

49199227L

R/ Fray Pedro Payo Piñeiro, 10, 3 B,

15009 A Coruña

14790673524

540,00 €