Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 16 de abril de 2015, da Área de Recadación, polo que se relaciona notificación de liquidación de custas xudiciais e se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (Couto Iglesias, María Luisa).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase liquidación de custas xudiciais pendente de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no artigo 25 do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2015

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesada

CIF

Enderezo

Nº débeda

Importe

Couto Iglesias, María Luisa

76780942L

R/ Igrexa

36540 Silleda-Pontevedra

500150003133

500,00 €