Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 15 de abril de 2015, da Área de Recadación, polo que se relacionan requirimentos de documentación en relación con solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Hermanos Pallas, S.L. e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse requirimentos de documentación en relación coas solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no artigo 25 do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado/a

CIF

Enderezo

Nº débeda

Importes

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

A Tabilla, s/n

15185 Cerceda (A Coruña)

XC-00765-O-2013

1.001,00 €

Méndez Quindimil, Mª Pilar

76352111T

Lg. Arosa-Xanceda, 6

15685 Mesía (A Coruña)

13790203229

30.656,71 €

Bermúdez Rivas, Marcos Joaquín

32802429J

Castrobó, 4, Anceis

15181 Cambre (A Coruña)