Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17194

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 17 de abril de 2015 pola que se aproba o cambio de localización da oficina do Rexistro Auxiliar da Oficina Agraria Comarcal de Celanova.

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón, no seu artigo 8.2, que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares farase mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente, logo de informe da oficina do Rexistro Xeral.

No anexo I do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 196, do 13 de outubro), figura na listaxe de oficinas a situada na rúa San Rosendo, 1-1º B, en Celanova.

Debido ao cambio de localización da Oficina Agraria Comarcal de Celanova a un novo edificio situado na rúa Areal núm. 10, en Celanova, resulta preciso proceder á modificación da situación da citada oficina de rexistro.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o enderezo do Rexistro Auxiliar da Oficina Agraria Comarcal de Celanova, que pasa a estar situado na rúa Areal núm. 10, 32800 Celanova.

Disposición derradeira primeira

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza