Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 8 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 24/2013.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia obstrución), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de alzada, ante o Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Durante este prazo, o interesado poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso no tempo e na forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 8 de abril de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Preceptos

infrinxidos

Preceptos

sancionadores

Data da resolución

Aplistone, S.L.

Lugar Brixeira-Teixeiro s/n,

15310 Curtis (A Coruña)

B15658487

24/2013

Artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000,

do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social; artigo 12 do Convenio 81 da OIT do 11 de xullo

de 1947, sobre inspección de traballo na industria e no comercio; e artigos 11, 5.3.2 e 7.2 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da inspección de traballo e Seguridade Social

Artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social

5 de marzo de 2015