Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público un inicio de procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, reguladas na Orde do 18 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 30 de marzo), relativa ao expediente TR343A 2011/43-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 9 de abril de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR343A 2011/43-2.

Nome: José Luis Gil Palacios.

DNI/NIF: 33537368X.

Último enderezo coñecido: rolda das Mercedes, 23, 1º esqda., 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal o traballador contratado ao abeiro deste programa por un período de tres anos.

Precepto infrinxido: base décimo primeira, punto 1 do anexo A da Orde do 18 de marzo de 2011.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.