Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Baña (expediente IN407A 2014/085-1).

Vista a solicitude para o outorgamento da autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dass instalaciónss que a continuación se detalla:

Nº de expediente: IN407A 2014/085-1.

Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.

Domicilio social: Corneira, 15837 A Baña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT 20 kV Gosende.

Situación: concello da Baña.

Características técnicas:

– Centro de transformación e manobra Gosende interior en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluíndo tres celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liñas motorizadas e unha cela de proteción mediante fusibles para un transformador de 100 kVA, cuxo obxecto será a subministración aos servizos auxiliares do edificio e conectar coa actual rede de baixa tensión, todas elas con illamento e corte en SF6.

Liña de media tensión subterránea en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio no paso de aéreo a subterráneo que se efectuará no apoio fin de liña existente de fin de liña HV-1600/13 de C.T.I. Gosende, que se vai desmontar, e final nunha das celas de liña que se instalará no centro de transformación Gosende proxectado. A lonxitude total da liña proxectada é de 14 metros.

Resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 9 de maio de 2014 Javier Pérez Gómez, en nome e representación da empresa Industrial Barcalesa, S.L. solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación do proxecto denominado LMTS, CTC e RBT 20 kV Gosende, no concello da Baña.

Segundo. A solicitude incluía unha relación de bens e dereitos afectados polo proxecto e, en concreto, unha relación dos bens e dereitos para os cales non había mutuo acordo cos seus propietarios e para os cales se pedía a aplicación da lexislación sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Por Resolución do 10 de outubro de 2014 desta xefatura territorial someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa e a de declaración de utilidade pública, publicándose a dita resolución no Diario Oficial de Galicia o día 11 de novembro de 2014, no Boletín Oficial da provincia o día 28 de outubro de 2014, no diario La Voz de Galicia o día 24 de outubro de 2014, así como no taboleiro de anuncios do Concello da Baña segundo dilixencia do secretario municipal do 8 de xullo de 2014 recibida o 30 de xullo de 2014; así mesmo, constan no expediente escritos de notificacións individuais da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, aos titulares que constan na relación de bens e dereitos afectados. Non consta no expediente ningunha alegación.

Cuarto. De acordo ao establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral dunha separata do proxecto na parte que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Envíaselle ao Concello da Baña separata e solicitude de conformidade coa autorización administrativa previa e condicionado técnico á autorización administrativa de construción o 13 de outubro de 2014, reiterándose a solicitude o 28 de novembro de 2014, sen que conste no expediente ningunha contestación, polo que se entende a conformidade coa autorización da instalación e coas especificacións técnicas propostas.

Quinto. Durante o período de información pública non se recibiron alegacións.

Sexto. O persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial unha vez avaliada a documentación que obra no expediente e a tramitación seguida, emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e o disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), coas seguintes consideracións:

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 24 de xullo); a Lei 24/2013, do 27 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm 310, do 27 de decembro); o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro, que establece os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro) e o Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro.

Segundo. No presente expediente cumpríronse os trámites sinalados na Lei 24/2013, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Terceiro. A autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións obxecto deste expediente, cumpren coa normativa vixente, isto é: a Lei 24/2013, do 27 de decembro; o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; o Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación (BOE núm. 288, do 1 de decembro); o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias (BOE núm. 68, do 19 de marzo); e o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

Cuarto. Consideracións de carácter xeral:

1. As manifestacións e datos que sexan útiles para determinar os dereitos afectados, así como a medición e descrición exacta das superficies e bens afectados, faranse constar no levantamento da acta previa á ocupación, momento para o cal os interesados afectados serán oportunamente convocados mediante notificación. Este acto desenvolverase de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

2. De conformidade co disposto no apartado 1.5 da instrución técnica complementaria ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso ás prescricións que nesta instrución se establecen. É dicir, o trazado da liña será o elixido polo autor do proxecto, sempre que cumpra os requisitos xerais e de seguridade que establece o propio Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e non infrinxa as limitacións e prohibicións que para a constitución de servidumes de paso de liñas aéreas establecen o artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o artigo 161 do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro.

3. Polo que respecta á valoración dos terreos e bens afectados, para o caso de que as partes non acaden un acordo previo, a determinación do prezo xusto corresponde ao Xurado de Expropiación de Galicia, de conformidade coas normas establecidas no capítulo III da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e no tamén capítulo III do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

De acordo co anterior, e no exercicio das competencias atribuídas,

RESOLVO:

Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, así como declarar de utilidade pública a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña