Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se modifica a autorización administrativa e se aproba o proxecto de execución da ampliación de caudal para a minicentral hidroeléctrica Planta da Treita, promovida pola empresa Hidroeléctrica da Treita, S.L., no concello de Meira.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 6 de febreiro de 1997, a Comisión Galega de Medio Ambiente acordou formular a declaración de efectos ambientais correspondente ao proxecto de modernización da minicentral hidroeléctrica Planta da Treita.

Segundo. O 12 de xaneiro de 1998, a Confederación Hidrográfica do Norte resolveu autorizar a rehabilitación do aproveitamento hidroeléctrico denominado Planta da Treita.

Terceiro. O 9 de novembro de 2000, a Confederación Hidrográfica do Norte resolveu aprobar a favor da sociedade mercantil Hidroeléctrica da Treita, S.L. a transferencia do aproveitamento de 840 l/s, de auga do río Eo, en Seixomil, termo municipal de Meira, para aproveitamento de enerxía eléctrica. A concesión primitiva foi outorgada pola Xefatura de Obras Públicas o 23 de outubro de 1944 a favor de Salomé Fernández Díaz.

Cuarto. O 28 de febreiro de 2001, a Dirección Xeral de Industria resolveu autorizar as instalacións electromecánicas, aprobar o proxecto de execución e recoñecer como instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica á minicentral hidroeléctrica de Planta da Treita, no río Eo, termo municipal de Meira, provincia de Lugo.

Quinto. O 26 de maio de 2005 a Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio autoriza a posta en servizo da minicentral hidroeléctrica de referencia.

Sexto. O 11 de xullo de 2005 Hidroeléctrica da Treita, S.L. presentou ante a Confederación Hidrográfica do Norte unha solicitude de aumento do caudal de aproveitamento xunto co proxecto denominado «Proxecto de ampliación de caudal para minicentral hidroeléctrica Planta da Treita», e deuse traslado dunha copia á Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio o 23 de xaneiro de 2006.

Sétimo. O 23 de setembro de 2005, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas inscribiu definitivamente a central hidroeléctrica Planta da Treita no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, con número RE-95-125.

Oitavo. O 21 de febreiro de 2006, a Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Economía e Industria emitiu informe técnico favorable sobre o proxecto de execución denominado «Proxecto de ampliación de caudal para minicentral hidroeléctrica Planta da Treita».

Noveno. O 10 de agosto de 2007 publicouse un anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 184 polo que se someteu a información pública conxunta por parte da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Economía e Industria e da Comisaría de Augas da Confederación Hidrográfica do Norte o proxecto e o estudo de impacto ambiental relativo á ampliación de caudal para a minicentral hidroeléctrica Planta da Treita, e non consta que se presentasen de alegacións.

Décimo. O 6 de maio de 2008 publicouse no Boletín Oficial del Estado núm. 110 a Resolución do 11 de abril de 2008, da Secretaría Xeral para a Prevención da Contaminación e do Cambio Climático, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto denominado «Modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico no río Eo, en Sexosmil. Central Planta da Treita. TM: Meira (Lugo)», que é de carácter favorable.

Décimo primeiro. O 10 de novembro de 2011, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico resolveu aprobar a acta de recoñecemento final das obras correspondentes ao aproveitamento de 3.840 l/s de auga do río Eo, en Sexosmil, no termo municipal de Meira (Lugo), con destino á produción de enerxía eléctrica na central Planta da Treita, cuxa concesión ten outorgada Hidroeléctrica da Treita, S.L., así como inscribir no Rexistro de Augas a mencionada acta.

Décimo segundo. O 24 de xaneiro de 2013, a Sociedade Hidroeléctrica da Treita, S.L. solicitou á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica da ampliación de caudal para a minicentral hidroeléctrica Planta da Treita.

Décimo terceiro. O 13 de novembro de 2013, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria emitiu informe técnico para a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución denominado «Proxecto de ampliación de caudal para minicentral hidroeléctrica Planta da Treita», que ratifica o recollido no informe técnico favorable emitido o 2 de febreiro de 2006 pola devandita xefatura territorial.

Décimo cuarto. O 20 de agosto de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 157 a Resolución do 3 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e aprobación do proxecto de execución e de inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica do proxecto de execución da ampliación de caudal para a minicentral hidroeléctrica Planta da Treita, que se expuxo, así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Meira sen que conste a presentación de alegacións.

Décimo quinto. A ampliación de caudal para a minicentral hidroeléctrica Planta da Treita, segundo o proxecto denominado «Proxecto de ampliación de caudal para minicentral Hidroeléctrica Planta da Treita», visado o 1 de xullo de 2005 pola Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia co número 1008/05 e redactado polo enxeñeiro industrial Raúl Puga Villaverde, colexiado nº 474 ten as seguintes características técnicas básicas:

• 1 turbina Francis de eixo horizontal, para un caudal nominal de 1.100 l/s y 40 CV de potencia.

• Xerador asíncrono trifásico de 250 kW de potencia nominal, 758 rpm e 220/3.800 V de tensión de xeración.

• 1 centro de transformación de 400 KVA de potencia nominal e relación de transformación 0,38/20 kV.

• LMT aérea de interconexión a 20 kV de 368 m de lonxitude sobre apoios de celosía en condutor LA-30.

• Os correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no artigo 19 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe á Dirección Xeral de Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de enerxía, minas, administración e seguridade industrial, solo industrial, metroloxía e metais preciosos.

Segundo. O artigo 28 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, establece que a construción, explotación, modificación substancial, a transmisión e o peche de instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial estará sometida ao réxime de autorización administrativa previa, que terá carácter regrado, correspondéndolle o seu outorgamento á Administración autonómica.

Terceiro. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizarlle a Hidroeléctrica da Treita, S.L. a ampliación de caudal para a minicentral hidroeléctrica Planta da Treita, S.L. situada no concello de Meira (Lugo).

Segundo. Aprobar o proxecto de execución da ampliación de caudal para a minicentral hidroeléctrica Planta da Treita, segundo o proxecto denominado «Proxecto de ampliación de caudal para minicentral hidroeléctrica Planta da Treita», visado o 1 de xullo de 2005 pola Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia co número 1008/05 e redactado polo enxeñeiro industrial Raúl Puga Villaverde, colexiado nº 474.

O proxecto de execución ten como efecto máis destacado o incremento de potencia do xerador asíncrono trifásico que forma parte da minicentral hidroeléctrica, pasando este dunha potencia de 50 kW recollida na Resolución do 28 de febreiro de 2001 de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento como instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica, a 250 kW.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto que por esta resolución se aproba e referido no punto segundo da parte dispositiva desta.

Segunda. Hidroeléctrica da Treita, S.L. asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberá cumprirse canto establece o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, aprobado polo Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, e as súas instrucións técnicas complementarias e ordes posteriores, así como o resto da normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral. Pola súa banda, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicarlle a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha da instalación será de doce meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Se transcorrido o dito prazo aquela non tivo lugar, producirase a caducidade desta autorización.

Sexta. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Hidroeléctrica da Treita, S.L.

Sétima. Con carácter previo á posta en servizo da instalación, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución.

Oitava. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1755/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliacións e traslado de industrias, ou por incumprimento das condicións impostas.

Novena. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Décima. O titular e/ou explotador da instalación deberá inscribila no Rexistro Administrativo de Instalacións de produción de Enerxía Eléctrica, para o cal acreditará o cumprimento das condicións previstas no Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos.

Contra esta resolución que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas