Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16344

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, designada pola Resolución do 2 de xullo de 2014.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia núm. 232, do 23 de outubro). A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral do 2 de xullo de 2014, pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 14 de xullo).

O 25 de marzo de 2015 a secretaría do Consello Galego de Consumidores e Usuarios comunicou o acordo deste organismo polo que propón modificar a representación que lle corresponde en defensa dos intereses das persoas consumidoras e usuarias, designando para o efecto unha nova suplente. Esta proposta considérase adecuada para garantir o normal funcionamento da Xunta Arbitral, e, unha vez comprobado que a persoa proposta reúne os requisitos legalmente exixidos para formar parte desta, considérase adecuado atender a proposta realizada.

De conformidade co exposto, resolvo:

Primeiro. Modifícase o punto 2.5.2 da Resolución do 2 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, relativo á representación das persoas consumidoras e usuarias, que pasa a ter a seguinte redacción:

«2.5.2. Suplente:

– Almudena Carracedo Troncoso».

Segundo. A modificación antedita entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo o non afectado por ela, mantense en vigor o previsto na mencionada Resolución do 2 de xullo de 2014.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

Helena de Lucas de Santos
Directora xeral de Mobilidade