Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16345

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 15 de abril de 2015 pola que se aproba o cambio de localización da Oficina do Rexistro Auxiliar da Secretaría Xeral para o Deporte e da Fundación Deporte Galego.

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares farase mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente logo de informe da Oficina de Rexistro Xeral.

No anexo I do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 196, do 13 de outubro), figura na listaxe de oficinas a situada no Estadio Multiúsos de San Lázaro, porta 4.

Debido a que a Secretaría Xeral para o Deporte trasladou a súa localización á rúa Ourense nº 6, 15781 Santiago de Compostela, cómpre proceder á modificación da situación da citada oficina de rexistro.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o enderezo do Rexistro Auxiliar da Secretaría Xeral para o Deporte e da Fundación Deporte Galego, que pasa a estar situado na rúa Ourense nº 6, 15781 Santiago de Compostela.

Disposición derradeira primeira

O establecido nesta orde no suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza