Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16016

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (auto aclaratorio 546/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 546/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra CTV, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Editorial Compostela, S.A., Television de Galicia, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Vídeo Galicia, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Auto.

En Santiago de Compostela o 7 de abril de 2015.

Antecedente de feito único. No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Estímase integramente a demanda formulada por Carlos Jiménez Díaz fronte a Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, CTV, S.A., Editorial Compostela, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., Vídeo Galicia, S.A. e o Fondo de Garantía e, en consecuencia, condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboar a Carlos Jiménez Díaz a cantidade de 2.575,29 euros en concepto de diferenzas retributivas correspondentes aos meses de xuño a agosto de 2011, ambos os dous incluídos, cantidade que deberá incrementarse co 10 % de xuros do artigo 29.3 do ET por demora no pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolle saber que contra ela pode interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan.

2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou a pedimento de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo; neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación coa emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos que poidan padecer sentenzas e autos e que sexa necesario remediar para levar plenamente a efecto estas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. De tratarse de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e substanciadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

3. Se o tribunal advirte en sentenzas ou autos que ditou as omisións a que se refire o número anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que acordase.

4. Non caberá ningún recurso contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores números deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza ou auto a que se refira a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, de seren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. Pide a parte demandante aclaración da sentenza por canto entende que, en virtude do establecido no artigo 191.2 da LRXS, non cabe o recurso de suplicación establecido ao pé do ditame ao non alcanzar a contía litixiosa o importe de 3.000,00 euros. Pola súa banda, a demandada oponse á aclaración, ao entender que se debe computar como contía do litixio a cantidade de xuros de demora obxecto de condena e, polo tanto, si excede os 3.000,00 euros.

O artigo 191 da vixente LRXS, relativo ao ámbito de aplicación do recurso de suplicación, nos seus parágrafos primeiro e segundo, di o seguinte:

1. Son impugnables en suplicación as sentenzas que diten os xulgados do social nos procesos que ante eles se tramiten, calquera que sexa a natureza do asunto, salvo cando esta lei dispoña o contrario.

2. Non procederá recurso de suplicación nos procesos relativos ás seguintes materias:

a) Impugnación de sanción por falta que non sexa moi grave, así como por falta moi grave non confirmada xudicialmente.

b) Procesos relativos á data de desfrute das vacacións.

c) Materia electoral, salvo no caso do artigo 136.

d) Procesos de clasificación profesional, salvo no caso previsto no número 3 do artigo 137.

e) Procesos de mobilidade xeográfica distintos dos previstos no número 2 do artigo 40 do Estatuto de traballadores; nos de modificacións substanciais de condicións de traballo, salvo cando teñan carácter colectivo, de conformidade co número 2 do artigo 41 do referido estatuto; e nos de cambio de posto ou mobilidade funcional, salvo cando fose posible acumular a estes outra acción susceptible de recurso de suplicación; e nas suspensións e reducións de xornada previstas no artigo 47 do Estatuto dos traballadores que afecten un número de traballadores inferior aos limiares previstos no número 1 do artigo 51 do Estatuto dos traballadores.

f) Procedementos relativos aos dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral previstos no artigo 139, salvo cando se acumulase pretensión de resarcimento de danos e perdas que pola súa contía poida dar lugar a recurso de suplicación.

g) Reclamacións cuxa contía litixiosa non exceda os 3.000 euros. Tampouco procederá recurso en procesos de impugnación de alta médica calquera que sexa a contía das prestacións de incapacidade temporal que viñer percibindo o traballador.

Esta normativa é de aplicación ao presente caso en virtude do establecido na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 3/2012, do 10 de febreiro.

Así as cousas, tendo en conta que o pé da sentenza considera a posibilidade de recurso de suplicación por un erro de transcrición, procede emendar este de oficio, indicando que non cabe recurso de suplicación por tratarse dunha reclamación de cantidade que non excede os 3.000,00 euros. Non pode atenderse a pretensión da demandada, en relación a que ao importe obxecto de condena (2.575,29 euros) hai que sumarlle a condena en concepto de xuros de demora, por canto a teor do establecido na STS do 11.12.2013, a contía litixiosa para os efectos do recurso se determinará polo importe reclamado sen ter en conta actualizacións ou melloras aplicables ou xuros ou recargas por demora.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación

Parte dispositiva.

Que rectifico o erro de transcrición que contén a parte dispositiva da sentenza, a cal debe quedar redactada da seguinte forma:

Estímase integramente a demanda formulada por Carlos Jiménez Díaz fronte a Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, CTV, S.A., Editorial Compostela, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., Vídeo Galicia, S.A. e o Fondo de Garantía e, en consecuencia, condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboar a Carlos Jiménez Díaz a cantidade de 2.575,29 euros en concepto de diferenzas retributivas correspondentes aos meses de xuño a agosto de 2011, ambos os dous incluídos, cantidade que deberá incrementarse co 10 % de xuros do artigo 29.3 do ET por demora no pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que poderá interpoñerse contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Voces Meigas, S.A. e Doblesón, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015

A secretaria xudicial