Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de xogo C-11/15.

Intentada a notificación á persoa que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, de xogo de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 32.1.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, e Decreto 72/2013, do 25 de abril, a competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle ao director xeral de Emerxencias e Interior.

Noméase instrutora do expediente a Margarita Olmo Bosco e secretaria a Patricia García Martín, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma previstos no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para exercer o dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común –LRXPAC– (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), infórmase de que o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento é dun ano contado desde o acordo de inicio (artigo 32.2 da Lei 14/1985, do 23 de outubro).

Infórmase igualmente de que a tramitación do expediente se realiza na Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 30 de marzo de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: C-11/15.

Denunciado: Gil Vázquez Vázquez.

DNI/CIF: 34247993G.

Enderezo: Camiño Pipín, 13, 1, 27293 Labio (Castroverde).

Precepto infrinxido: artigo 28.n) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Precepto sancionador: artigo 31.1 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Multa para impoñer se non efectúa alegacións: 18.000,01 €.