Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 25 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-026/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 25 de marzo de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente falta de pagamento: P-026/14.

Expediente construción: PO-2001NR/01, conta 58.

Nome: Antonio Sisto Lourido.

Enderezo: Poboado Mineiro de Fontao, vivenda 58, bloque 7, baixo C-I, Vila de Cruces, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte o artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímolo para o pagamento de 34 recibos de alugamento, por un importe total de 4.851,80 euros, e un recibo de gastos por importe de 160,40 euros, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 3.3.2015, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.6.2012 e o 1.3.2015, facéndolle constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo co artigo 142 do Regulamento de VPO e co artigo 84 da LRX-PAC, concédeselle un prazo de quince (15) días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas e proceda ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial e achegue a documentación que considere conveniente.

Advertímoslle que, en caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do seu contrato.