Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de abril de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as propostas de resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-82/2014 e OU-S-106/2014, por infraccións en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as propostas de resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-82/2014 e OU-S-106/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán recoller as propostas de resolución, así como acceder aos correspondentes expedientes, mediante comparecencia nas dependencias desta Área Provincial, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar de Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra a presente proposta de resolución poderá, no prazo de quince (15) días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere conveniente, ante a instrutora do procedemento.

Expediente: OU-S-82/2014.

Titular sancionado: Coal, S.C.

Establecemento: café bar Cha, Cha, Cha.

Domicilio: rúa Lepanto, 5.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 9 de marzo de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 400 €.

Expediente: OU-S-106/2014.

Titular sancionado: Juan Carlos Hermida Morais.

Establecemento: pub A Movida.

Domicilio: Alameda, 25.

Localidade: Verín.

Proposta de resolución: 23 de marzo de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 200 €.

Ourense, 8 de abril de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense