Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo de enxeñaría informática para o desenvolvemento dunha plataforma web e unha aventura gráfica para a rehabilitación en cognición social de pacientes con trastorno mental grave, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder, Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04 (expediente AB-SER1-14-050).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-050.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de enxeñaría informática para o desenvolvemento dunha plataforma web e unha aventura gráfica para a rehabilitación en cognición social de pacientes con trastorno mental grave, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados.

c) Lote (de ser o caso): si/2.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 78.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 78.000 euros. Importe total: 94.380 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6.2.2015.

b) Data de formalización do contrato: 16.2.2015.

Lote

Empresa adxudicataria

Adxudicación sen IVE

Adxudicación con IVE

1

Virtualware 2007, S.A.

34.200

41.382

2

Tecnologías Plexus, S.L.

32.000

38.720

Total:

66.200

80.102

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos