Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de Contract Research Organization (CRO) especializado en investigación clínica para a asesoría, consultoría, xestión de datos, estatística e asistencia na xestión e a monitorización de ensaios clínicos e estudos observacionais dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13 transferencia e difusión de resultados, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder, Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04 (expediente AB-SER1-14-048).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-048.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es .

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de Contract Research Organization (CRO), especializado en investigación clínica para a asesoría, consultoría, xestión de datos, estatística e asistencia na xestión e a monitorización de ensaios clínicos e estudos observacionais dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados.

c) Lote (no seu caso): si/2.

d) CPV (Referencia de nomenclatura): 73000000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 142.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 142.000,00 euros. Importe total: 171.820,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 24 de febreiro de 2015.

Lote

Empresa adxudicataria

Adxudicación sen IVE

Adxudicación con IVE

1

Meditrial, S.L.

72.000

87.120

2

Meditrial, S.L.

55.000

66.550

Total:

127.000

153.670

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos