Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 964/2014, do 11 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 11 de decembro de 2015, pronunciou a Sentenza 964/2014, ditada no procedemento ordinario 4897/2012, interposto por Telefónica Móviles España, S.A.U., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador José Guimaraens Martínez, en nome e representación de Telefónica Móviles España, S.A.U., e declaramos que o artigo 1, sección 4ª, capítulo IV, título IV, en canto fixa unha distancia mínima, non é conforme dereito, e anulámolo; sen imposición das custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo