Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 25 de febreiro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00813-O-2014 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Son informados de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2015

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
imposta

PO-00813-O-2014

2920-CNG

Garda Civil 3601 Y76740V

Electro Hiper Vigo, S.L.

B36746519

Polígono do Rebullón, 52

36415 Mos

Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %
10.2.2014; 8.16; AP-9; 137,5

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

375 euros

PO-01009-O-2014

PO-0085-BN

Garda Civil 3601 F57579E

Construcciones Hermanos Veiga Reboreda, S.L.

B36271278

Rúa Campo de Fútbol, 3, bxo.

36800 Redondela

Pontevedra

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.
20.2.2014; 17.30; PO-531; 6,8

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros

PO-01563-O-2014

7087-HMN

Garda Civil 3601 K82210V

Iglesias y Pineda, S.A.

A41112012

Estrada Madrid-Cádiz km 555,7

41700 Dos Hermanas

Sevilla

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE) e non levar a bordo o correspondente certificado.
8.4.2014; 9.21; AP-9; 137,5

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros

PO-02122-O-2014

3776-FTC

Garda Civil 3603 V93728C

Transpobedasa 2012, S.L.

B94066073

Valbón-Agudelo, 13 B

36191 Barro

Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %
10.6.2014; 8.39; A55; 9,5

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

325 euros

PO-02186-O-2014

6735-GSY

Garda Civil 3600 T84392J

Logística Ourense, S.L.

B32396236

Políg. S. Cibrao-sector C-rúa 6, parcela 18

32911 San Cibrao das Viñas

Ourense

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.
10.6.2014; 11.59; N-550; 152,5

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 euros