Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (586/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 586/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Domingo Rivadas Pardo contra Hermanos Seoane, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza nº 87, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada-xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 586/2014, acumulados 792/2014 e acumulado 41/2015, seguidos por instancia de Domingo Rivadas Pardo, asistido polo letrado Sr. Blanco Pérez, contra Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, acumulada a despedimento e acumulada a despedimento obxectivo individual.

(…)

Resolvo:

Que estimando integramente as demandas presentadas por instancia de Domingo Rivadas Pardo, asistido polo letrado Sr. Blanco Pérez contra Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados:

– Debo declarar e declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con data de efectos do 1 de setembro de 2014, con declaración, así mesmo, da extinción da relación laboral polo dito despedimento, por non ser posible a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a aboar ao traballador, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, a suma de 4.375,44 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a dita cantidade, e a suma de 30.101,05 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

A secretaria xudicial