Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1045/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1045/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Guardado Vila contra Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza número 86, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1045/2013, seguidos por instancia de Cristina Guardado Vila, asistida polo letrado Sr. Carrazo, contra Gerisantiago Sociosanitaria, S.L. e o Fogasa que non comparecen, malia estaren debidamente citadas, sobre reclamación de cantidade:

(…)

Resolvo:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Cristina Guardado Vila, asistida polo letrado Sr. Carrazo, contra Gerisantiago Sociosanitaria, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 2.454,87 euros como cantidades debidas, máis o xuro por mora do 10 % sobre a dita cantidade e custas.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

A secretaria xudicial