Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica o inicio do procedemento declarativo de reintegro de axuda ao Programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, regulada na Orde do 6 de xuño de 2013, relativa ao expediente TR349F 2013/102-0.

O 16 de xaneiro de 2015, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución pola que se acorda o inicio do procedemento declarativo de reintegro de axuda concedida a Melania Betania Busto del Puerto, con número de expediente TR349F 2013/102-0.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á persoa interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á persoa interesada un prazo de dez días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta dirección xeral.

Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sitas na rúa San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Nº de expediente: TR349F 2013/102-0.

Beneficiaria: Melania Betania Busto del Puerto

NIF: 46912638-K

Último enderezo coñecido: r/ Río Arnoia, 3, 1º E, 15570 Narón (A Coruña).

Procedemento: axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Data da resolución de concesión: 18.9.2013.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal as persoas traballadoras contratadas durante un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: número 9 do artigo 16 da Orde do 6 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2013 (DOG núm. 111, do 12 de xuño).

Contía da subvención percibida: 4.000 euros.

Contido da resolución: acordo de inicio de procedemento de reintegro da axuda.