Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 16 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican os acordos da procedencia de reintegro das axudas do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR340K 2009/99-1 e dous máis.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas citadas resolucións dos acordos da presidencia do reintegro das axudas, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáieselles saber o dereito que as asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación dista cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Asi mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar na Coruña, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1988, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 16 de marzo de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 340K 2009/99-1.

Nome: Punxín Retails, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Constitución, 34, 1º A, 15679 Cambre ( A Coruña).

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 20.2 da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR 340K 2009/7-1.

Nome: Diepi Hostelería, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida Santiago, 42, 15821 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido das resolucións: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR 340K 2009/42-1.

Nome: Davinci Music Bar, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida Algeciras, 54, baixo, 15510 Neda (A Coruña).

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 20.4 da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido das resolucións: acordo da procedencia do reintegro da axuda.