Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de marzo de 2015 pola que se notifica a denegación da solicitude formulada en relación co expediente de reposición da legalidade urbanística COR/121/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar os seu destinatario ausente na repartición.

O día 5 de xaneiro de 2015 tivo entrada no rexistro da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística unha solicitude de ampliación de prazo formulada por José Luis García Nieto en relación co requirimento contido na resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/121/2013, tramitado polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, no lugar da Barcia, 2, Santa Cecilia de Trasancos, no termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

O día 26 de febreiro de 2015 envíaselle unha notificación a través da cal se lle require que emende a solicitude efectuada e esta notificación é devolta polo servizo de Correos por atoparse o interesado ausente na repartición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal de esta comunicación, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita comunicación.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles para achegar a documentación que acredite o cumprimento do requirimento contido na resolución firme do 24 de setembro de 2014, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/121/2013, en concreto, unha copia da solicitude de autorización urbanística autonómica na cal conste a entrada no Rexistro Xeral do Concello de Narón, e unha copia do anteproxecto técnico redactado polo técnico competente segundo o disposto no artigo 41 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Transcorrido o prazo conferido sen que achegue a documentación requirida para acreditar o cumprimento da Resolución do 24 de setembro de 2014, ordenarase a demolición das obras á custa do interesado e impediranse definitivamente os usos a que dean lugar.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística